Saturday 18 de May de 2024

Lorenzana apela a fomentar o talento e a formación para impulsar a competitividade e o emprego de calidade


A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe ao acto de clausura académica da EF Business School, onde apelou a fomentar o talento e a formación para impulsar a competitividade e o emprego de calidade.
Logo de felicitar aos novos graduados, Lorenzana recoñeceu que o talento é o motor que move a economía do coñecemento e, neste marco, as empresas teñen que facer unha decidida aposta pola innovación e a I+D ademais de contar con capital humano para responder ao reto tecnolóxico e á cultura da sustentabilidade.